¿Que facemos?

Adestramos e competimos dende os nosos comezos na modalidade de libre (individual). Na tempada 2006 comezamos a competir en grupos show, no ano 2009 en parellas danza e dende o 2012 na modalidade de solo danza.

Alquimistas das diferentes disciplinas teñen representado ó club en competicións no eido galego, nacional e internacional. 

Así son as modalidades que practicamos: 

Libre

Baséase na execución de saltos, piruetas, pasos e elementos de patinaxe integrados nunha coreografía.
Odoo • Texto e imagen
Odoo • Texto e imagen
Odoo • Texto e imagen

Grupo show

Baséase nunha montaxe coreográfica que repesente unha idea, en corcondancia cunha música e vestiario, e que exhiba as habilidades técnicas e artísticas dos patinadores, así coma a súa capacidade grupal.
Odoo • Texto e imagen
Odoo • Texto e imagen
Odoo • Texto e imagen

Parellas danza

As parellas están formadas por un patinador masculino e outro femenino, que executan pasos, elevacións e outros elementos de patinaxe dentro de unha coreografía.
Odoo • Texto e imagen
Odoo • Texto e imagen
Odoo • Texto e imagen

Solo danza

Baséase na execución de pasos e outros elementos de patinaxe integrados nunha coreografía.
Odoo • Texto e imagen
Odoo • Texto e imagen
Odoo • Texto e imagen
Odoo • Texto e imagen

Calquera que sexa a modalidade tódolos elementos deben estar integrados na coreografía e mostrar as habilidades técnicas e artísticas do patinador ou patinadores.