O club

Somos un club adicado á práctica e difusión da patinaxe artística sobre rodas. O club xurdiu en Carral (A Coruña) no ano 2004 e ampliou posteriormente as súas sedes, intalándose tamén en Cambre.
Adicámonos ó adestramento e competición da patinaxe artística con nenos e nenas dende os 3 anos de idade, chegados de diferentes poboacións da provincia de A Coruña. Tamén organizamos ó longo do ano diferentes eventos de difusión da patinaxe artística na provincia, como o Día do Patín (Carral) ou o Trofeo Alquimia (Cambre).
No C.P. Alquimia cremos que o deporte e os seus valores non só nos fan medrar como deportistas, senón tamén como persoas, polo que o respeto, o compañeirismo, a responsabilidade e a perseverancia son básicos no desenrolo da nosa actividade.
A patinaxe artística é un deporte que permite o desenrolo físico e creativo de todos aqueles que o practican, polo que vos animamos a vir a probalo connosco. Convírtete en ALQUIMISTA.
"Quando se quer uma coisa, todo o Universo conspira para que a pessoa consiga realizar o seu sonho"
Paulo Coelho, "O Alquimista"