Apaixonados de ser...
Equipo técnico

Marta López
Técnico nacional. Adestradora de danza e show. Enxeñeira química. Ten formación en diferentes disciplinas de danza (ballet clásico–certificado Intermediate da Royal Academy of Dance-, danza contemporánea, claqué, pole dance, bailes latinos, etc.). Os seus principios son a ilusión, a tenacidade e a autosuperación. Encántalle o chocolate e adora á súa gata Cleopatra Amelia Kahlo.

Laura Sandá
Técnico Nivel I e proxecto de enxeñeira informática. É adestradora da modalidade de libre e cree firmemente que a base dos resultados é o traballo diario e as gañas de querer mellorar constantemente. Adora os cans, o xeado e por suposto, a patinaxe.

Iria Cano
Técnico Nivel I. É adestradora das modalidades de libre, danza e grupos show, nas que tamén ten experiencia como patinadora. Actualmente estuda ciencias empresariais e turismo e segue formándose no mundo da patinaxe. Cre que un bo patinador debe ter compromiso, ser constante e ter claros os seus obxectivos. Encántalle o brilli brilli.

Paula Saavedra
Adestradora de danza. Ten experiencia competindo en danza e grupos show. É graduada en Publicidade e Relacións públicas e unha namorada da parte máis artística da Patinaxe. Con percorrido coma monitora de tempo libre, tenta facer de cada adestramento unha experiencia de aprendizaxe amena de proveitosa. Aboga pola vida sana, o respeto entre compañeiros e o compromiso. Ademáis da patinaxe artística encántalle bailar, escribir e a fotografía creativa.

David Salido
Adestrador de danza, show e libre. Estudiante cursando o seu último ano de socioloxía. Ten experiencia patinando en diferentes modalidades, como libre, parellas danza e grupo show (escolar, junior, pequeno e cuartetos). Compromiso, loita e esforzo, un pouco de seriedade e un pouco máis de diversión son os seus principios. Gústalle escoitar as opinións dos seus patinadores. Amante dos videoxogos.

Lucía Barbeito
Estudiante de TEAS. Adestradora de libre e grupos show. Alquimista dende fai máis de 10 anos. Cre que os soños están para facelos realidade, pero sen constancia, compromiso e cofianza nun mesmo non se consegue nada. Xoga ao fútbol e encántalle o chocolate, esto último pásanos a moitos.

Alberto Artigas
Asesor artístico do club. Técnico Nivel I. Apaixonado do show e a danza con experienca en campionatos internacionais. Mestre en Educación Primaria. Cree que o máis importante dentro da pista e desfrutar. Constancia, creatividade e swaroskis son as súas palabras favoritas.

Ariadna Prego
Adestradora de show escolar. Estudiante de Integración Social. Ten experiencia como patinadora en libre, grupos show e solo danza, participando en varios Campionatos de España nas modalidades de cuarteto e solo danza. Adora a faceta artística deste deporte e leva o baile no sangue.

Fernando Pardo
Adestrador nacional, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte . É bombeiro, fundador e presidente do club. Competiu na modalidade de libre, participando en innumerábeis campionatos nacionais. Representou a España nunha Copa de Europa. Forma parte da asesoría técnica da Real Federación Española de Patinaje como preparador físico. É un excelente relacións públicas e encántalle o marisco.